InicioOrientalBarreirosRepoboación da Fraga do Santo Estevo en Barreiros con árbores autóctonas

Repoboación da Fraga do Santo Estevo en Barreiros con árbores autóctonas

Os traballos consistiron no desbroce manual da parcela e adecuación do terreo. A plantación, que tamén se realizou de forma manual, non garda simetría regular e intercala especies que permiten a rexeneración regular da parcela, que conta con máis de 1.500 ha.

Publicada o

- Advertisement -

Barreiros está a piques de finalizar a ampliación da fraga do Santo Estevo do Ermo coa plantación de árbores autóctonas que incrementarán a superficie de bosque no que desfrutar deste espazo natural.

Os traballos están dentro dos planificados desde o Concello para o alumnado do obradoiro de emprego “Serra da Cadeira” que o municipio barreirense mantén cos Concellos de Trabada e Lourenzá e que aspiran a renovar, cun grado superior, no vindeiro ano.

Os traballos consistiron no desbroce manual da parcela e adecuación do terreo. A plantación, que tamén se realizou de forma manual, non garda simetría regular e intercala especies que permiten a rexeneración regular da parcela, que conta con máis de 1.500 ha.

ADECUACIÓN DE ESPAZOS

Ademais destes traballos, o obradoiro tamén levou a cabo outras actuacións en espazos de importancia natural, como o camiño do Cantábrico, a Lagoa de Pallares ou a mellora dos accesos aos Pasos de Moscoso, un recuncho de notable beleza na beira da Ría.

O concelleiro de medio ambiente, Dámaso Ratoeira, valorou moi positivamente os traballos realizados polo obradoiro de emprego “que xeran unha mellora en espazos do concellos ao tempo que obteñen unha cualificación profesional nun ámbito tan demandado como as actuacións en espazos naturais e forestais.

A intención dos tres concellos asociados neste obradoiro é poder seguir ofertando esta formación na vindeira convocatoria, para o que xa tramitaron a solicitude ante a consellería correspondente, co obxectivo de obter un novo obradoiro dun grado superior co que poder seguir formando profesionalmente ás persoas desempregadas dos municipios.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...