InicioOrientalBarreirosA Asociación de Camiñantes de Barreiros finalizará a peregrinación polo Camiño Inglés...

A Asociación de Camiñantes de Barreiros finalizará a peregrinación polo Camiño Inglés a Santiago o 11 de xuño

O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa de 22 quilómetros e onde puidemos comprobar que cada vez estamos máis preparados fisicamente e coa ilusión de chegar a Santiago de Compostela”.

Publicada o

- Advertisement -

A asociación Camiñantes e Camiños, de Barreiros, rematará o vindeiro sábado, 11 de xuño, a súa peregrinación a Santiago por etapas semanais a través do Camiño Inglés.

A pasada fin de semana realizaron a penúltima, que foi a comprendida entre A Rúa e Sionlla de Arriba. O presidente do colectivo, José Manuel Gómez Puente, explicou que “foi unha etapa de 22 quilómetros e onde puidemos comprobar que cada vez estamos máis preparados fisicamente e coa ilusión de chegar a Santiago de Compostela”.

O vindeiro sábado, 11 de xuño, rematará esta peregrinación a través do Camiño Inglés: “faremos a última etapa ata Santiago, que ten un percorrido de 8 quilómetros. E entraremos na Catedral pola Porta Santa e asistiremos á misa do peregrino. Esperamos que poida asistir todo o grupo e así culminar como se merece esta peregrinación”.

A asociación cultural de sendeirismo Camiñantes e Camiños, de Barreiros, arrincaba con esta iniciativa o pasado 9 de abril en Ferrol. Arredor de 50 persoas se dan cita cada fin de semana para realizar unha etapa do Camiño de Santiago, a través da ruta elixida cada ano, que a súa directiva decidía retomar despois do parón ocasionado pola pandemia do covid.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...