InicioOrientalBarreirosA alcaldesa de Barreiros reclama ao conselleiro de Sanidade máis persoal para...

A alcaldesa de Barreiros reclama ao conselleiro de Sanidade máis persoal para o centro de saúde

A Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia a "caótica situación que está a vivirse hoxe no centro de saúde de Viveiro, onde dun total de dez facultativas no cadro persoal hoxe só hai dúas médicas para un total de quince mil habitantes".

Publicada o

- Advertisement -

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, dirixiuse ao conselleiro de sanidade para poñer no seu coñecemento “a situación que se está a vivir no centro de saúde da localidade; onde a día de hoxe só hai unha médica para a atención sanitaria“.

A alcaldesa sinala que durante este pasado verán, a presión asistencial no centro de saúde foi moi elevada ao non existir reforzo de persoal, cunha soa profesional. Isto supón que a atención que a profesional pode prestar “sexa escasa en tempo e chega mesmo a afectar a trámites básicos, como a emisión de informes de saúde para a tramitación municipal de expedientes de servizos sociais, como dependencia ou servizo de axuda no fogar.”

Ana Ermida explicou que “é lóxico que unha soa persoa non poida atender coa calidade que merecen 3000 persoas, máis a xente desprazada que segue habendo, saíndo a domicilios e a urxencias”. Ermida resalta a constante presión sobre os profesionais que “cada vez ven como teñen menos tempo para as consultas e teñen que atender pacientes que precisan dun estudo da historia clínica para o que tampouco teñen tempo.”

Neste sentido, a rexedora comunicoulle ao máximo dirixente da sanidade galega que “a falla de persoal no SERGAS non só afecta á poboación que precise atención sanitaria, senón que está afectando e retrasando outro tipo de atencións sociais que, en moitos casos, son urxentes e imprescindibles.”

Por todo isto trasladoulle a preocupación e o malestar existente coa xestión que se está a realizar dos centros de saúde -reducindo a atención e degradando a existente- que desembocará, de non solucionalo, en graves problemas sociais.

SITUACIÓN “CAÓTICA” EN VIVEIRO

A Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia a “caótica situación que está a vivirse hoxe no centro de saúde de Viveiro, onde dun total de dez facultativas no cadro persoal hoxe só hai dúas médicas para un total de quince mil habitantes”. Estas dúas facultativas unicamente están a atender urxencias.

Por outra parte, a Plataforma tamén denuncia que unha caída na rede informática está a impedir o normal funcionamento das outras categorías profesionais. Xunto a isto, as dúas profesionais de Viveiro tamén teñen que atender ás persoas desprazadas dos concellos de Ourol e O Vicedo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...