InicioOrientalBarreirosRecollida de sinaturas a favor da atención primaria en Barreiros para pedir...

Recollida de sinaturas a favor da atención primaria en Barreiros para pedir máis facultativos no centro de saúde

A alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, achegouse á mesa de recollida de sinaturas.

Publicada o

- Advertisement -

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Mariña desprazouse hoxe a Barreiros para recoller sinaturas na defensa da atención primaria. Ata alí acudiu a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida, que lles trasladou o apoio do Concello e as necesidades existentes no centro de saúde deste municipio.

Nos últimos días, o centro de saúde de Barreiros hai unha única facultativa para a atención de toda a poboación. Por esta razón, a alcaldesa xa se dirixiu a finais da semana pasada ao conselleiro de sanidade para trasladarlle a situación e solicitarlle unha solución ao déficit de recursos no centro de saúde barreirense; xa que a situación non só afecta á poboación que precise atención sanitaria, senón que está afectando e retrasando outro tipo de atencións sociais que, en moitos casos, son urxentes e imprescindibles; como tramitacións de servizos sociais.

ÚLTIMAS

Dúas persoas feridas tras unha saída da vía en O Vicedo

Dúas persoas resultaron feridas, das cales unha foi trasladada ao hospital en helicóptero medicalizado, tras unha saída de...

Comesaña di que a cobertura de vacantes en Atención Primaria na Mariña resolverase en “semanas”

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, asegurou que o proceso de cobertura de...

OPINIÓN: Sobre a mala educación e unha sentenza

Fran Cajoto, acalde de Foz Cada vez somos máis habitantes, esa é a verdade, pero...

O BNG da Mariña denuncia no Parlamento a falta de persoal en Atención Primaria

O deputado do BNG, Daniel Castro denuncio na Cámara galega a carga de traballo...