Oito grupos participarán no I Certame de Teatro Amador de Barreiros no mes de outubro

O Certame repartirá 800 euros en premios mais diversos trofeos, como o premio esp.ecial dopúblico.


O I Certame de Teatro Amador “Convida no Rural”, que organizan conxuntamente o Concello de Barreiros e o Colectivo Cultural Ollomao, celebrarase os días 8, 9, 15, 16, 22, 23, 29 e 30 de outubro ás 19:30 horas. As persoas asistentes poderán gozar de balde das actuacións que se interpretarán.

8 outubro

Obra: Departamento de selección

Grupo: Disfunción continua (A Estrada)

Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante

9 outubro

Obra: Crime desorganizado

Grupo: Agrupación teatral mariñá (Betanzos)

Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme

15 outubro

Obra: El lazarillo de tormes

Grupo: El duende de lerma (Burgos)

Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante

16 outubro

Obra: O muro

Grupo: Grupo humorístico Trípode (Alfoz)

Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme

22 outubro

Obra: A pena do cú do mundo

Grupo: O Aturuxo de Melpómene-Carrachanacacha (Narón)

Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante

23 outubro

Obra: Vivan os noivos

Grupo: A Adala (Fazouro)

Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme

29 outubro

Obra: Es tu vida, húndela como tú quieras

Grupo: A cholón teatro (Manzanares El Real)

Ubicación: Colexios Vellos San Miguel de Reinante

30 outubro

Obra: A derradeira bala

Grupo: Farándula Velutina (Corcubión)

Ubicación: Centro Sociocultural San Cosme

O Certame repartirá 800 euros en premios mais diversos trofeos, como o premio especial do público, nunha gala que se realizará o domingo 6 de novembro nos Colexios Vellos de San Miguel e no que actuará o grupo de teatro Ollomao coa súa obra “O documento”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here