InicioOrientalBarreirosPresentadas as carreiras Monte Comado en Barreiros que se celebrarán esta fin...

Presentadas as carreiras Monte Comado en Barreiros que se celebrarán esta fin de semana

A cita deportiva comezará o sábado 15 coa saída da andaina ás 15:15 h. desde a praia de Arealonga (Santiago de Reinante).

Publicada o

- Advertisement -

O pasado mércores 12 de outubro, integrantes do colectivo organizador, ACD Praias de Comado, xunto con Daniel García, concelleiro responsable da área de Dinamización e Participación Veciñal, e Manuel Otero, xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia, presentaron as carreiras e andaina Monte Comado 2022 que terán lugar este sábado 15 e domingo 16 de outubro no municipio barreirense.

A cita deportiva comezará o sábado 15 coa saída da andaina ás 15:15 h. desde a praia de Arealonga (Santiago de Reinante).

Ás 16:30 h. darase a saída da carreira “½ km vertical” dende o mesmo lugar, a praia de Arealonga, e na que os participantes ascenderán ao cumio do monte Comado en apenas 4 km superando desniveis que roldan o 40% nos puntos máis abruptos do percorrido.

Na mesma tarde do sábado, ás 17:30 h. terán lugar as carreiras infantís no alto de Comado onde haberá marcados distintos circuítos en función da idade das nenas e nenos participantes.

O domingo 16, ás 9:30 horas, terá lugar o prato forte do trail monte Comado, a carreira de 27 km. A saída terá lugar na Praza do Souto en San Miguel de Reinante e, desde aí, os e as atletas percorreran os montes do municipio barreirense ata completar un total de 27 km superando un desnivel de 1400 metros positivos. A saída do trail curto; o de 12k, terá lugar ás 11:00 horas desde a mesma Praza do Souto.

Ao peche das inscricións, a agrupación organizadora mostrábase moi satisfeita polo bo número de participantes que superaba as 250 persoas inscritas.

O evento está organizado pola Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado, o Concello de Barreiros e Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia e conta coa colaboración da Deputación de Lugo desde a Área de deportes; a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros; do Café Bar Moderno, Hotel Ría do Masma, Peña Barcelonista San Miguel, Casa Elena Turismo Rural, Taxi Valea e Pinturas Centeno.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...