InicioOrientalBarreirosO Certame de Teatro "Convida no Rural" en Barreiros ofrecerá as representacións...

O Certame de Teatro “Convida no Rural” en Barreiros ofrecerá as representacións de “Aturuxo de Melpómene” e “A Adala”

Segundo Dani García, concelleiro de dinamización e participación veciñal “está sendo un certame no que o público asistente pode disfrutar de distintas modalidades de teatro, dende un bululú ata unha obra de teatro musical e representacións tanto cómicas como outras de intriga”.

Publicada o

- Advertisement -

O vindeiro sábado 22 de outubro nos colexios vellos de San Miguel de Reinante terá lugar a representación da obra “A pena do cu do mundo” do grupo Aturuxo de Melpómene dirixida polo artista Leandro Lamas. O Domingo 23 será a quenda para o veciño grupo A Adala  que representará a súa obra “Vivan os noivos” no Centro Sociocultural de San Cosme. Ambas representacións serán ás 19:30 horas, sendo a entrada de balde e recomendadas para público adulto.

O primeiro certame de teatro organizado polo Concello de Barreiros e o colectivo cultural Ollomao e que conta co financiamento da área de Medio Rural da Deputación Provincial chega así ó seu ecuador. Segundo Dani García, concelleiro de dinamización e participación veciñal “está sendo un certame no que o público asistente pode disfrutar de distintas modalidades de teatro, dende un bululú ata unha obra de teatro musical e representacións tanto cómicas como outras de intriga”.

Dende a organización animan a toda a veciñanza de Barreiros e dos arredores a achegarse a disfrutar das vindeiras obras deste primeiro certame de teatro amador e a ser partícipe coas súas votacións do premio do público que segundo Dani García “á xente estalle gustando ser xurado do premio do público coas súas votacións e estamos agradecidos pola acollida que está tendo o certame”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...