InicioOrientalBarreirosFinaliza o curso de prevención de riscos laborais para persoal sociosanitario en...

Finaliza o curso de prevención de riscos laborais para persoal sociosanitario en Barreiros

O curso, que foi sufragado integramente con fondos municipais, tivo unha duración de 15 horas divididas en 3 xornadas presenciais de mañá ou tarde.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros entregou os diplomas do curso de “Prevención de riscos laborais no sector sociosanitario” no que participaron un total de 22 traballadoras e traballadores do servizo de axuda no fogar do Concello de Barreiros.

O alcalde en funcións, Antonio Veiga, xunto coa concelleira de servizos sociais, Carmen Veiga, e a concelleira de Educación e Igualdade, Montse Porteiro, foron as persoas encargadas de facer a entrega dos diplomas ao alumnado.

Carmen Veiga explicou que “este curso é unha aposta por contribuír a mellorar a formación do persoal do servizo axuda no fogar, actualizar coñecementos e adquirir novas habilidades”. A edil tamén salientou que “a formación orientada aos riscos laborais no sector sociosanitario é moi importante xa que redundará nunha mellor calidade do servizo, tanto para os e as usuarias coma para as traballadoras e traballadores do mesmo”.

Pola súa parte, Antonio Veiga, quixo felicitar ao persoal que asistiu a esta formación e “Agradecer a profesionalidade coa que realizan as labores todo o persoal do servizo de axuda no fogar dignificando o servizo e contribuíndo mellorar a calidade de vida das persoas maiores e dependentes de Barreiros.”

O curso, que foi sufragado integramente con fondos municipais, tivo unha duración de 15 horas divididas en 3 xornadas presenciais de mañá ou tarde nas que se abordaron temas como a seguridade na manipulación de produtos químicos, traballos en cociñas, corrección de posturas forzadas, mobilización de usuarios e usuarias non autónomos e indicacións para a prevención da dor de costas entre outra formación relacionada coa prevención de riscos laborais.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...