InicioOrientalBarreirosBarreiros organiza un programa de atención para familiares e persoas coidadoras de...

Barreiros organiza un programa de atención para familiares e persoas coidadoras de afectados por cancro e outras doenzas

A Concellería de Servizos Sociais, aposta por achegar a Barreiros estes programas de apoio á persoa coidadora co fin de mellorar a súa calidade de vida.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros xunto coa Asociación Española Contra o Cancro da Mariña organiza o programa “Non te esquezas de ti”. Un programa dirixido a familiares e coidadores coidador as de persoas afectadas de cancro e outras enfermidades.

Afrontar un mal diagnóstico é unha experiencia difícil e moi complexa, no só para a persoa enferma senón tamén para a súa familia e os seus seres queridos.

Na maioría das ocasións, a familia e o entorno da persoa enferma representa o principal apoio para o paciente e é aquí, onde o coidado, se converte nunha tarefa nada doada e, ás veces, eses coidados conlevan unha sobrecarga física e emocional que desemboca nun desbordamento psicolóxico.

É por iso que, o Concello de Barreiros, a través da Concellería de Servizos Sociais, aposta por achegar a Barreiros estes programas de apoio á persoa coidadora co fin de mellorar a súa calidade de vida. Tratar a importancia do coidado en familiares de persoas afectadas de cancro e outras enfermidades así como a creación dun espazo para compartir experiencias e reflexións para fomentar o autocoidado e poñer ao familiar no centro da atención psicosocial.

O programa conta de 3 sesións, unha por semana, cuxo inicio está previsto o luns 14 de novembro de 10:30 a 12:30 horas na Aula CeMIT de Barreiros.

As persoas interesadas en participar poden facelo previa inscrición nos servizos sociais do Concello de Barreiros (telf. 982.31.71.43).

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...