InicioOrientalBarreirosO Camiño da Reflexión reúne a cen persoas segundo "Camiñantes e Camiños"...

O Camiño da Reflexión reúne a cen persoas segundo “Camiñantes e Camiños” de Barreiros

Publicada o

- Advertisement -

Un cento de persoas participaron na andaina Camiño da Reflexión, organizada pola Asociación Cultural de Sendeirismo Camiñantes e Camiños de Barreiros coa colaboración de Bumei (Mulleres en Igualdade), CF Celta Barreiros e Barreiros Mar e Monte, con motivo do Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

As persoas participantes saíron desde as inmediacións do restaurante A Yenka e percorreron 12 quilómetros ata chegar á Cruz do Lobo ao restaurante O Asador.

No acto de hoxe interviñeron a concelleira de Servizos Sociais de Mondoñedo, Ángeles Rodríguez, a edil focense Ana Rojo, e o presidente de Camiños e Camiñantes de Barreiros, José Manuel Gómez Puente. “Todos incidimos na necesidade de sumar esforzos e loitar contra a violencia de xénero, que segue en aumento”, engadiu a presidenta de Bumei, Mary Fraga.

Gómez Puente tivo palabras de agradecemento “para todas as persoas que esta mañá decidiron compartir esta andaina con nós”.

ÚLTIMAS

A xuíza chamará “en breve” a declarar aos investigados polo accidente de Xove en abril

A maxistrada titular do Xulgado de Instrución número 2 de Viveiro xa recibiu da...

O Concello de Viveiro sinala que non ten previsto retirar axudas a clubes deportivos

A alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, aclara que o concello non ten en ningún...

Ribadeo prepara varias actividades para o Nadal que estarán en diferentes localizacións

A programación de Nadal de Ribadeo arrincará este venres, 1 de decembro, co acendido...

En prisión provisional o veciño de Burela que acoitelou a outro home o venres

O home acusado de ferir con arma branca a outro home no municipio de...