O PP de Barreiros di que a maioría da veciñanza está molesta por falta de alumeado de Nadal

O portavoz popular, Gómez Puente, di que "o alumeado festivo crea ambiente nas rúas e anima á xente a saír e disfrutar da hostalería e do comercio local”.


O PP de Barreiros acusa ao gobern local de “mostrar pouco interese en embelecer a vila”. Unha proba disto sería a falta de alumeado festivo de Nadal. Todo isto segundo o portavoz popular, José Manuel Gómez Puente, que insta á alcaldesa Ana Ermida “facer as xestións necesarias para a súa inmediata instalación, tanto na zona urbana como nas parroquias”.

O voceiro do PP asegura que “son numerosos os veciños que protestan polo feito de que a vila de Barreiros se converta nunha excepción por carecer da iluminación festiva propia destas datas“. Tamén para o voceiro do PP “o alumeado festivo crea ambiente nas rúas e anima á xente a saír e disfrutar da hostalería e do comercio local”.

Os populares recriminan á alcaldesa non ter falado cos hostaleiros e cos comerciantes e “vería como están moi descontentos pola falta de alumeado festivo”. Ademais disto, Gómez Puente apunta a desilusión entre os máis pequenos e engade “que non se pode esquecer o goberno municipal de que tamén a estes efectos existen as parroquias”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here