InicioOrientalBarreirosAberta a inscrición na carreira popular de Reis 2023 para as diferentes...

Aberta a inscrición na carreira popular de Reis 2023 para as diferentes categorías e modalidades

Durante o pasado mercadiño de Nadal, evento no que o Concello de Barreiros tamén colaborou coa asociación Saúde Mental A Mariña, a directora de dita entidade María José Nóvoa Rodríguez deu entrega de dous trofeos realizados a man por usuarios da asociación que serán entregados ós vencedores absolutos da carreira.

Publicada o

- Advertisement -

A Carreira popular Solidaria de Reis 2023 abre a inscrición nas súas distintas categorías e modalidades. O vindeiro domingo 8 de xaneiro terá lugar un ano máis a carreira popular de Reis organizada dende o 2020 pola área de Dinamización do Concello de Barreiros e que contará coa súa tradicional andaina con saída dende o campo de fútbol O Cascabeiro.

Na presente edición, o Concello de Barreiros, colaborará coa asociación Saúde Mental A Mariña doando o importe íntegro da andaina a maiores do 30% da carreira absoluta. Tamén se habilitará, como novidade, un “dorsal 0” no que calquera persoa pode ser parte desta colaboración sen ser preciso anotarse a ningunha das probas.

Durante o pasado mercadiño de Nadal, evento no que o Concello de Barreiros tamén colaborou coa asociación Saúde Mental A Mariña, a directora de dita entidade María José Nóvoa Rodríguez deu entrega de dous trofeos realizados a man por usuarios da asociación que serán entregados ós vencedores absolutos da carreira.

Primeira proba do Circuíto +KmsBarreiros 2023

A Carreira de Reis será a primeira proba do Circuíto +KmsBarreiros polo que todos os participantes inscritos nesta carreira (en categorías competitivas) sumarán puntos nunha edición que chega cargada de novidades e que será presentada nos vindeiros días.

Toda a info en www.maiskmsbarreiros.gal

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...