InicioOrientalBarreirosRenovación de tubaxes para a auga en Barreiros cun convenio coa Deputación...

Renovación de tubaxes para a auga en Barreiros cun convenio coa Deputación de Lugo

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que "son unhas obras moi necesarias nunha zona que está medrando e na que se están construíndo novas vivendas unifamiliares, polo que contar cuns servizos de calidade é fundamental para que ese asentamento da poboación en pequenos núcleos sexa permanente e cuns estándares de calidade."

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Barreiros vén de iniciar o proceso para adxudicar as obras de renovación das tubaxes de auga potable que atravesan parte do núcleo de Vilar cara A Barcela.

Estas obras, que se executan ao amparo dun convenio asinado entre o Concello e a área de Medio Rural da Deputación, consistirán na renovación total da tubaxe principal -actualmente de fibrocemento- e a preparación das acometidas a inmobles. O importe total das mesmas ascenderá a 44.993,34€ euros; dos que a área de Medio Rural da Deputación aporta 42.743,67€ e o Concello, 2.249,67€. A continuación das mesmas, procederase tamén ao aglomerado do viario, cun investimento de máis de 60.000€.

A alcaldesa, Ana Ermida, explica que “son unhas obras moi necesarias nunha zona que está medrando e na que se están construíndo novas vivendas unifamiliares, polo que contar cuns servizos de calidade é fundamental para que ese asentamento da poboación en pequenos núcleos sexa permanente e cuns estándares de calidade.” A rexedora puxo en valor que o investimento total que se realizará entre ambas actuacións supera os 100.000 euros, o que é posible exclusivamente grazas á busqueda permanente de colaboracións con outras administracións.

Ana Ermida tamén quixo pór en valor a previsión e planificación coa que se realizan as obras “xa que noutras épocas o que se tería feito sería aglomerar o viario, que é o que se ve, sen pararse a pensar o que vai por debaixo. Isto, que xa ten pasado noutras ocasións, suporía un contrasentido; ao ser probables as continúas roturas dunha tubaxe que, por material e antigüidade, non estaría preparada para soportar o peso do novo firme.”

A deputada de medio rural, Mónica Freire, que visitou a zona acompañada polo goberno municipal, constatou a boa receptividade da veciñanza a este tipo de investimentos que “moitas veces non se valoran porque non se ven ao ir soterrados, pero son fundamentais para o funcionamento normal dos servizos e o asentamento de poboación nos núcleos rurais.

Na visita realizada ao lugar, percorreron o viario por cuxa beira se soterrará a nova tubaxe que dará servizo ata o núcleo da Barcela e que supón unha das vías principais do lugar.

A concelleira de Saúde Pública e responsable do abastecemento, Montse Porteiro, sinalou que “esta é unha nova actuación para ir pouco a pouco deixando de usar fibrocemento na canalización de auga potable, dotando a rede de tubaxes novas e de maior duración; polo que se evitan roturas que supoñen fugas importantes coa conseguinte perda de auga tratada para o consumo.”

ÚLTIMAS

Colapsa unha parede do cemiterio de Barreiros deixando féretros e algunha caveira á vista

Veciños do municipio de Barreiros avisaron este venres do derrube dunha parede do cemiterio...

Sete persoas intoxicadas por monóxido de carbono nunha vivenda en Foz

Un total de sete persoas, das cales dúas son menores de idade, necesitaron asistencia...

O servizo de recollida de residuos orgánicos comezará en Viveiro o día 18 de decembro

O Concello de Viveiro informa á cidadanía de que o vindeiro día 18 de...

O Concello de Ribadeo sinala que non subirá as taxas da auga e do lixo

Ribadeo non subirá o recibo da auga e do lixo. Así o asegura Marta...