Seis establecementos hostaleiros da Zona Vella de Ribadeo -A Cova, Chámalle Estopa, Cienfuegos, O Alén, O Recuncho e Ribanzo– organizan un evento para este venres, día 23, que inclúe o sorteo dun coche Volkswagen Polo e un concerto na praza José María López, do casco histórico ribadense.
O concerto, a cargo do grupo Sintético Fantástico, empezará ás 22:30 horas e o sorteo presencial será ás doce da noite. Para iso os establecementos organizadores entregaron rifas aos seus clientes nos últimos meses.
Os organizadores do evento explican que o coche que sortean “será transferido, con seguro e o depósito de combustible cheo”.