InicioOrientalRibadeoEstablecementos de hostalaría de Ribadeo organizan para este venres o sorteo dun...

Establecementos de hostalaría de Ribadeo organizan para este venres o sorteo dun coche e un concerto

Os organizadores do evento explican que o coche que sortean “será transferido, con seguro e o depósito de combustible cheo”.

Publicada o

- Advertisement -

Seis establecementos hostaleiros da Zona Vella de Ribadeo -A Cova, Chámalle Estopa, Cienfuegos, O Alén, O Recuncho e Ribanzo organizan un evento para este venres, día 23, que inclúe o sorteo dun coche Volkswagen Polo e un concerto na praza José María López, do casco histórico ribadense.

O concerto, a cargo do grupo Sintético Fantástico, empezará ás 22:30 horas e o sorteo presencial será ás doce da noite. Para iso os establecementos organizadores entregaron rifas aos seus clientes nos últimos meses.

Os organizadores do evento explican que o coche que sortean “será transferido, con seguro e o depósito de combustible cheo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...