InicioOrientalRibadeoO BNG de Ribadeo valora a acción de goberno do actual alcalde...

O BNG de Ribadeo valora a acción de goberno do actual alcalde Fernando Suárez que non se presentará á reelección

O grupo nacionalista valora tamén o traballo do equipo de concelleiras e concelleiros "que deron o mellor de si mentres desenvolveron as súas tarefas de goberno".

Publicada o

- Advertisement -

O BNG  de Ribadeo emitiu un comunicado onde valora os case vinte e catro anos de dedicación á vida política ribadense do actual alcalde Fernando Suárez Barcia, quen anunciou que non se presentaría para a reelección á alcaldía de Ribadeo. Para o BNG ribadense “foron uns anos intensos e cheos de actuacións que transformaron o noso concello, mellorando a nosa calidade de vida e facendo de Ribadeo un referente comarcal, a unha e outra beira da ría de Ribadeo, e no conxunto de Galiza e a cornixa cantábrica”.

O grupo nacionalista valora tamén o traballo do equipo de concelleiras e concelleiros “que deron o mellor de si mentres desenvolveron as súas responsabilidades de goberno”, e que Fernando Suárez Barcia “soubo dirixir unha acción de goberno da que queremos destacar a xeito de resumo as políticas de infraestruturas e de protección social, desenvolvemento económico e potenciación da actividade deportiva e cultural”.

“Co paso dos anos xa nos familiarizamos cunha serie de actividades que asociamos á vila ribadense con total naturalidade, pero non debemos esquecer que todas elas foron postas en marcha polo goberno municipal do BNG con Fernando Suárez Barcia dirixíndoo. Tamén abordamos medidas de protección social”.

A todo isto engaden que “fomos quen de elixir unha persoa que releve a Fernando Suárez Barcia”. Isto último en referencia a Pablo Vizoso Galdo, actual tenente de alcalde e concelleiro delegado de Economía, Comercio, Turismo e Desenvolvemento Local.

O BNG sinala sobre Pablo Vizoso Galdo que “ten demostrado ao longo deste mandato a piques de rematar a súa valía como responsábel público”. O Bloque ribadense sinala o currículo que ten detrás Vizoso de cara as vindeiras eleccións locais. Entre outras, o seu traballo nas áreas de Economía, Turismo, Comercio e Desenvolvemento Local. Por último “desde a área de Turismo, ben coordinada con outras áreas moi activas como Cultura e Deporte, logrou dinamizar a vida económica e social de Ribadeo”.

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...