InicioOrientalRibadeoApoio do BNG de Ribadeo á campaña das "Panchas" desenvolvida polo goberno...

Apoio do BNG de Ribadeo á campaña das “Panchas” desenvolvida polo goberno local

O BNG ribadense apoia as iniciativas da área de Comercio e Desenvolvemento Local, que leva Pablo Vizoso Galdo e o fomento das "panchas" para intensificar o comercio na vila e no resto do concello.

Publicada o

- Advertisement -

O BNG de Ribadeo dá o seu apoio ao goberno municipal para a campaña a favor do comercio de proximidade. “Apostar polo que nós producimos e visitar o noso comercio é unha garantía para o noso tecido produtivo, así como un factor de dinamización e un sinal de identidade da vida económica e social das nosas vilas e cidades” sinalan desde o BNG ribadense.

Este tipo de iniciativas son vitais para os centros urbanos e barrios por darlle vitalidade ao comercio local. Por isto último, o BNG ribadense apoia as iniciativas da área de Comercio e Desenvolvemento Local, que leva Pablo Vizoso Galdo e o fomento das “panchas” para intensificar o comercio na vila e no resto do concello.

Desde a formación nacionalista apoian “mercar produtos de Vilaselán, Piñeira ou Ove; Cedofeita, Covelas, Arante, Couxela ou A Devesa; Santalla de Vilaousende, Rinlo ou Vilaframil, ao longo dos sucesivos domingos nos que se desenvolve o ‘Mercado dos produtos da horta'”. 

 

 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...