InicioOrientalRibadeoO PP de Ribadeo espera que a subvención para o forte de...

O PP de Ribadeo espera que a subvención para o forte de San Damián non quede nunha promesa electoral

A coordinadora de promoción local dos populares, Marta Saiz, declara que "lles levou 20 anos" caer na conta da importancia desta construción.

Publicada o

- Advertisement -

O PP de Ribadeo apunta nun comunicado con relación á petición do goberno local do BNG dunha subvención dos fondos europeos Next Generation para “a creación dun centro de interpretación no forte de San Damián baixo o nome Ribadeo Cara ao Mar e co que se pretende poñer en valor todo o patrimonio relacionado co mar”. Desde o grupo popular esperan que esta noticia non “quede nunha promesa electoral ou promoción política para evitar tempestades”.

Desde o grupo municipal popular de Ribadeo din recibir a noticia como “unha boa nova” pero apuntan que “non era sen tempo”. A coordinadora de promoción local dos populares, Marta Saiz explica que “ despois de preto de 20 anos anuncian que pediron unha subvención, levoulles 20 anos pero déronse conta, ou quizais lles fixeron dar conta da importancia deste edificio para Ribadeo”.

Segundo indican nunha nota de prensa, os populares levan pedindo desde o inicio de lexislatura a creación dun centro de interpretación, así como o acondicionamento e conservación do forte de San Damián, un edificio emblemático. ”Un edificio cheo de historia, coas súas salas baleira e cero planificación de exposición. A única utilidade que ten hoxe en día é para bodas, pero de vez en cando, só se o forte non está engulido pola maleza. É totalmente vergoñento o estado no que se atopa as maquinarias de Riberas del Eo y de la Comarca del Eo, sen sequera ter o mantemento apropiado” engade Saiz.

Para a coordinadora de promoción local, esta medida vén da man das innumerables queixas dos veciños e dun movemento en redes sociais no que se criticaba o abandono do forte e a súa falta de conservación. “Man de Santo. A verdade é que estes movementos en redes sociais e vísperas de eleccións é a mellor combinación para espertar a un goberno durmido e ausente”, di.

PROMESAS BALEIRAS

Por outra banda, os populares lembran que na mesma zona prometeron arranxar o acceso á praia do Cargadeiro, un asunto que ata o momento non hai novidades. “Que non esquezan esta promesa, veremos co tempo se é electoral ou non, porque sen tempo non vai sendo xa que os veciños están fartos de que se lles tome o pelo nun asunto que levan moito tempo demandando”, apunta Marta Saiz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...