InicioOrientalRibadeoA Xunta négase a aceptar a nomenclatura asturiana de 'Ría do Eo'...

A Xunta négase a aceptar a nomenclatura asturiana de ‘Ría do Eo’ para denominar á ría de Ribadeo

A Xunta presentou un recurso contra a decisión do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana de outorgar oficialidade ao cambio de nome da ría de Ribadeo, que, a proposta do Goberno asturiano, pasou a denominarse tamén ría do Eo.

Publicada o

- Advertisement -

Xunta presentou un recurso contra a decisión do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana de outorgar oficialidade ao cambio de nome da ría de Ribadeo, que, a proposta do Goberno asturiano, pasou a denominarse tamén ría do Eo.

O Executivo galego considera que esta nomenclatura é incorrecta tanto xeográfica como semánticamente e, por tanto, vulnera a normativa reguladora da determinación dos topónimos oficiais.

Trátase do principal argumento que a Xunta e a Comisión de Toponimia de Galicia incluíu no recurso de alzada presentado ante o Ministerio de Transportes, ao que solicitan que revogue a decisión de conceder a oficialidade ao topónimo ‘Ría do Eo’ pois entenden que ‘Ría de Ribadeo’ é a “única oficial” para a desembocadura do río Eo no Cantábrico e que a proposta de Asturias debería quedar como “unha variante” desta.

Nun comunicado, a Consellería de Cultura apuntou que a súa postura está apoiada pola Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega, o Grupo ANTE de Investigación de Análise Territorial da USC, a Deputación de Lugo e o Concello de Ribadeo.

Neste senso, a Xunta defende que o argumento empregado polo Principado de Asturias de que ‘Ría do Eo’ é unha denominación asentada de forma maioritaria na marxe asturiana “non chegou a consenso” entre os membros da Comisión Especializada de Nomes Xeográficos (CENG) (órgano encargado da emisión dun informe técnico sobre a que asentar a decisión).

E é que o representante da Real Sociedade Xeográfica nesa comisión emitiu entón un voto particular no que discrepaba do asentamento desta denominación na zona e, así mesmo, subliñaba que as rías, como entidade xeográfica, non teñen vinculación á rede hidrográfica pois “non pode estar adscrita, en ningún caso, a un río que desemboque nela”.

O Goberno galego resaltou que na ría que separa xeograficamente Galicia e Asturias no seu extremo norte desembocan outros tres ríos (Suarón, Monxardín e Grande) polo que incluír no nome da ría unha mención a só un deles “resultaría contrario á realidade xeográfica“.

Outro dos argumentos sobre os que repousa o recurso galego é que ‘Ría de Ribadeo’ é o topónimo “correcto” desde o punto de semántico e que serve como “único identificador xeográfico oficial de referencia” pois así está recollido en “fontes toponímicas e cartográficas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...