InicioOrientalRibadeoO 'RibaXogo' está tendo unha gran acollida entre a xente máis nova,...

O ‘RibaXogo’ está tendo unha gran acollida entre a xente máis nova, segundo o Concello de Ribadeo e ACISA

O RibaXogo está aberto hoxe e tamén os días 4 e 5 de xaneiro en horario de 17 a 21 horas. Pechará o día de Reis e o 7 e o 8 de xaneiro abrirá de 12 a 14 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas tardes.

Publicada o

- Advertisement -

A segunda edición do RibaXogo está a ter unha gran acollida entre a rapazada. Este centro de ocio seguirá aberto ata o vindeiro domingo, 8 de xaneiro, na carpa instalada no parque de San Francisco.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, subliñou que “nos primeiros sete días do RibaXogo accederon a este centro de ocio máis de 1.300 nenas e nenos da nosa vila e do resto da contorna. Son moitas e moitos as nais e os pais que se achegan a Ribadeo a facer as compras típicas destas datas, a pasear ou a tomar algo na nosa hostalería e aproveitan para levar ás súas fillas e fillos ao RibaXogo”.

O RibaXogo está aberto hoxe e tamén os días 4 e 5 de xaneiro en horario de 17 a 21 horas. Pechará o día de Reis e o 7 e o 8 de xaneiro abrirá de 12 a 14 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas tardes. O edil ribadense indicou que “o domingo, día 8, a entrada será libre, non fará falla presentar tícket algún. Queremos deste xeito despedir o RibaXogo ao grande. O único que haberá que respectar, como se ven facendo desde o primeiro momento, é o aforo establecido para evitar aglomeracións e que se recomenda que cada menor de 8 anos acceda acompañado por un so adulto”.

Vizoso Galdo engadiu que “o RibaXogo foi organizado pensando nas máis pequenas e nos máis pequenos da casa e para animar as vendas e dinamizar o comercio local e a hostalería, nestas datas de maior actividade do ano, xa que para poder acceder a esta instalación tan so é preciso facerse cos tickets que lles entregarán os negocios participantes por ter consumido ou efectuado unha compra de importe superior a 5 euros”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, sinalou que “non hai máis que darse unha volta pola carpa do parque de San Francisco para ver como gozan os máis cativiños e cativiñas das actividades da ludoteca e cómo o pasan de marabilla as nenas e os nenos nos diferentes inchables, que ademais se foron cambiando ao longo de todos estes días. Aínda lles quedan días de vacacións para poder achegarse a este centro de ocio”. E lembrou que polo RibaXogo pasaron tamén Papá Noel e o Apalpador. O RibaXogo enmárcase na programación de Nadal coorganizada polo Concello de Ribadeo e por Acisa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...