InicioOrientalRibadeo3.000 nenos e nenas pasaron polo RibaXogo durante as festas de Nadal...

3.000 nenos e nenas pasaron polo RibaXogo durante as festas de Nadal en Ribadeo

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, destacou que “o obxectivo desta medida era dinamizar as compras nos negocios locais durante o Nadal".

Publicada o

- Advertisement -

Rematou o RibaXogo, o centro de ocio instalada no parque de San Francisco, e polo que pasaron arredor de 3.000 nenas e nenos este Nadal.

O concelleiro de Desenvolvemento Local, Pablo Vizoso, amosouse satisfeito pola acollida do RibaXogo: “estamos contentos coas cifras que nos deixa esta segunda edición do RibaXogo, que fixo as delicias das máis pequenas e dos máis pequenos da casa desde o pasado 23 de decembro e ata a xornada de onte, na que a entrada foi libre”.

O edil ribadense sinalou que “contamos no RibaXogo con diferentes tipos de atraccións, que se foron cambiando e actualizando durante estes días, para manter o interese por acudir a este centro de ocio situado no parque de San Francisco. Para conseguir as entradas simplemente había que consumir nos negocios de Ribadeo adheridos a esta campaña por un importe superior aos cinco euros”.

Vizoso Galdo indicou que “o obxectivo desta medida era dinamizar as compras nos negocios locais durante o Nadal e ofertar unha alternativa de ocio durante as vacacións para a rapazada de Ribadeo e da contorna. E penso que ambos obxectivos se cumpriron. O RibaXogo sumouse á programación deseñada polas Concellarías de Mocidade e de Cultura e da que gozaron moitas nenas e nenos estes días. Houbo deporte, houbo teatro, houbo obradoiros, un pouquiño de todo e moi variado”.

Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, dixo que “o RibaXogo foi un reclamo importante este Nadal en Ribadeo. Daba gusto pasear polas rúas e velas ateigadas de xente facendo as súas compras nos comercios locais e consumindo nos establecementos hostaleiros. Houbo animación musical coas panxoliñas que soaron durante todos estes días e que contribuíron, ao igual que a iluminación ornamental, a crear unha auténtica e típica estampa destas datas na nosa vila”.

Concello e Acisa coorganizaron a programación deste Nadal que acaba de rematar. “Aínda queda a XII Festa do Comercio, que terá lugar o vindeiro sábado, 14 de xaneiro, na carpa do parque de San Francisco”, engadiron.

ÚLTIMAS

Retrasarase a ampliación da balsa de lodos de Alcoa?

O comité de Alcoa informa de que "faltan algunhas aprobacións" da Xunta para a luz verde á ampliación...

O Concello de Viveiro leva aos institutos as actividades do 25N

A programación do Concello de Viveiro con motivo do 25N, o Día Internacional da...

Burela informará o venres á hostalaría local sobre o a implantación do contedor marrón

O Concello de Burela está a preparar a implantación do contedor marrón de...

O Concello de Burela tratará no pleno ordinario a aprobación dunha nova ordenanza de tráfico

O Concello de Burela celebra mañá, xoves día 30 de novembro, un novo pleno...