InicioOrientalRibadeoFrancisco Conde reuniuse con ACISA Ribadeo para abordar, entre outros, as axudas...

Francisco Conde reuniuse con ACISA Ribadeo para abordar, entre outros, as axudas da Xunta ao comercio

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía ratificou o compromiso da Xunta co sector do comercio en Galicia. Tamén puido ver de primeira man o funcionamento do Bono Activa Comercio.

Publicada o

- Advertisement -

Acisa recibiu hoxe a visita do vicepresidente primeiro da Xunta e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, co que mantiveron un encontro a presidenta e o xerente, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. Tamén participaron na xuntanza o director xeral de Comercio, Manuel Heredia, o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, e o deputado autonómico Daniel Vega.

Francisco Conde ratificou o compromiso da Xunta co sector do comercio en Galicia e visitou dous establecementos asociados Ginzo Hombre-Mujer e Hola Ola, nos que puido pulsar o funcionamento do Bono Activa Comercio.

É a primeira vez que un vicepresidente da Xunta visita e se reúne coa directiva de Acisa. O seu xerente, Jesús Pérez, declarou que “estamos agradecidos de recibilo nas nosas instalacións e de poder facerlle chegar as necesidades da asociación e tamén todo o traballo que estamos a realizar”. E engadiu que “puxemos en valor as axudas da Xunta ao comercio en xeral e a Acisa en particular”. A visita de Francisco Conde veu motivada polo accésit que lle foi concedido a Acisa en 2021 nos Premios Nacionais de Comercio, en recoñecemento ao traballo realizado ao longo dos últimos cinco anos.

Carmen Cruzado sinalou que “fixemos fincapé na importancia que teñen as axudas públicas das administracións para as asociacións como a nosa, xa que sen elas non teríamos capacidade para organizar moitas das actividades que se levan a cabo nin de prestar o asesoramento e o apoio ás nosas asociadas e asociados”.

Acisa fíxolles entrega dun agasallo conmemorativo aos responsables autonómicos cos que mantivo un encontro no día de hoxe. Francisco Conde visitou tamén Lencería Manuela Torviso, na rúa San Francisco, que neste 2023 celebrará o seu 40 aniversario, onde departiu coa súa propietaria e empregadas.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...