InicioOrientalRibadeoO punto limpo móbil de Ribadeo continúa o seu percorrido para recoller...

O punto limpo móbil de Ribadeo continúa o seu percorrido para recoller o lixo electrónico e aceites

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, dixo que “esta é unha forma de achegar a reciclaxe ás parroquias de Ribadeo e de concienciar á poboación da súa importancia”.

Publicada o

- Advertisement -

O punto móbil de Ribadeo estará en Piñeira, a segunda parada do punto limpo móbil, adquirido polo Concello de Ribadeo hai unhas semanas para dar servizos ás parroquias.

Despois de pasar por Vilaselán este punto limpo móbil está situado ata o 26 de xaneiro no campo da festa de Piñeira; do 26 de xaneiro ao 9 de febreiro na área recreativa de Vilaframil; do 9 ao 23 de febreiro estará no Círculo Habanero na Devesa; do 23 de febreiro ao 9 de marzo no campo da festa en Santalla de Vilausende; do 9 ao 23 de marzo a carón da escola de Couxela; do 23 de marzo ao 5 de abril na escola de Cedofeita; do 5 ao 20 de abril a carón da escola de Couxela; e do 20 de abril ao 4 de maio no teleclube de Arante.

O concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz, lembrou que “a veciñanza poderá depositar neste punto limpo móbil residuos domésticos como aceite usado, pilas, aparatos electrónicos pequenos, luminarias, CDs, DVDs, radiografías, cápsulas de café, etcétera”.

O edil dixo que “esta é unha forma de achegar a reciclaxe ás parroquias de Ribadeo e de concienciar á poboación da súa importancia”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...