InicioOrientalRibadeoA XII Festa do Comercio repartiu 4.000 euros en premios para gastar...

A XII Festa do Comercio repartiu 4.000 euros en premios para gastar en establecementos asociados a ACISA

Desde Acisa calculan que arredor de 3.000 persoas seguiron este sorteo en directo tanto desde o interior da carpa como desde o exterior, en pleno parque de San Francisco.

Publicada o

- Advertisement -

Acisa sorteou esta noite na XII Festa do Comercio 4.000 euros en vales de compra, que as afortunadas poderán gastar na hostalería e no comercio asociados ao longo dos vindeiros dous meses, é dicir ata o 14 de marzo.

Desde o pasado 15 de decembro Acisa repartiu 150.000 papeletas entre os clientes dos locais asociados. Máis do 80% foron introducidas na urna instalada na carpa situada no parque de San Francisco e na que se celebrou o sorteo esta noite.

O premio non presencial foi para o número 90.316. A persoa posuidora desta papeleta disporá de 15 días, ata o 27 de xaneiro, para poder reclamalo na oficina da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo.

O premio de 2.000 euros en vales de compra foi para Cruz Fernández, de Ribadeo, aínda que o recolleu unha amiga súa Elena López.

O premio de 1.000 euros foi para Rocío López, da parroquia ribadense de Viaframil.

O premio de 500 euros correspondeulle a Carmen Cuétara, de Ribadeo.

E o premio de 250 euros foi para Basilisa Fernández, de Ribadeo.

As papeletas afortunadas foron entregadas en Costa Verde, Capturas Pesca, Farmacia Pedro Díaz e Coco.

Os premios foron entregados por directivos de Acisa como Manoli Torviso (tesoureira), e Carmen Cruzado (presidenta) e polo xerente, Jesús Pérez, aos que acompañaron o concelleiro de Comercio e Turismo, Pablo Vizoso, e o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez.

A Batukada da charanga A Choca percorreu durante a tarde as rúas de Ribadeo “co obxectivo de animar á xente a acudir á XII Festa do Comercio de Acisa”.

Desde Acisa calculan que arredor de 3.000 persoas seguiron este sorteo en directo tanto desde o interior da carpa como desde o exterior, en pleno parque de San Francisco. E tiveron palabras de agradecemento para “os traballadores do Concello de Ribadeo polo esforzo realizado para que o sorteo se puidese celebrar, a El Farero Audiovisuales, a empresa encarga da montaxe de imaxe e son desta XII Festa do Comercio e a Susana Álvarez, a presentadora do evento”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...