InicioOrientalRibadeoA VII Gala do Deporte do Deporte do Concello de Ribadeo celebrarase...

A VII Gala do Deporte do Deporte do Concello de Ribadeo celebrarase no pavillón polideportivo municipal

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, explicou que “hoxe celebraremos a sétima Gala do Deporte no pavillón polideportivo municipal que está na Avenida de Luarca”.

Publicada o

- Advertisement -

O pavillón polideportivo municipal acollerá esta tarde a VII Gala do Deporte na que se serán premiadas 440 rapazas e rapaces de 15 modalidades deportivas, segundo anunciou hoxe o concelleiro de Deportes, Jorge Díaz.

O edil explicou que “hoxe celebraremos a sétima Gala do Deporte no pavillón polideportivo municipal que está na Avenida de Luarca”.

Díaz Freije subliñou que “é unha gala diferente e especial porque aglutinamos os anos 2020, 2021 e 2022, para todos os rapaces e rapazas que co seu esforzo conseguiron diferentes galardóns nas distintas disciplinas. Vanse entregar 411 trofeos a 440 premiados, de 15 modalidades deportivas diferentes”.

Para o concelleiro de Deportes “é algo que ten que seguir porque hai moitos rapaces e rapazas enfocados no deporte e desfrutando, tanto nos adestramentos como na competición. Entonces queremos darlles un pequeno agasallo e que este sexa o día de todos estes esforzos, tamén para os familiares e para os diferentes clubs deportivos do concello de Ribadeo”. A última vez que se celebrou a Gala do Deporte en Ribadeo foi en outubro de 2019.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...