InicioOrientalRibadeoO Concello de Ribadeo avisa que o 20 de xaneiro finaliza o...

O Concello de Ribadeo avisa que o 20 de xaneiro finaliza o prazo para solicitar árbores para faixas de protección

O obxectivo do equipo de goberno é facer entrega das árbores no mes de febreiro “porque, unha vez que se encarguen aos viveiros, é un bo momento para facer esta plantación”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello segue na loita contra os incendios forestais. Na sede electrónica foron publicadas o pasado mes de decembro as bases destinadas á nova entrega de árbores ás persoas responsables de redes secundarias de faixas de protección de biomasa no termo municipal de Ribadeo. En total destínanse 9.000 euros a este fin. A veciñanza interesada pode presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 20 de xaneiro.

O alcalde, Fernando Suárez, explicaba naquel momento que “o importe total da axuda ascende a 9.000 euros, que imos repartir en forma de árbores entre os distintos beneficiarios, de acordo cuns criterios que están establecidos nas bases desta convocatoria”.

O obxectivo do equipo de goberno é facer entrega das árbores no mes de febreiro “porque, unha vez que se encarguen aos viveiros, é un bo momento para facer esta plantación”. O Concello de Ribadeo levaba xa varios anos realizando esta campaña entre a veciñanza responsable das redes secundarias de faixas de protección de biomasa.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...