InicioOrientalRibadeoA Garda Civil colaborará con ACISA Ribadeo para impartir formación sobre ciberseguridade

A Garda Civil colaborará con ACISA Ribadeo para impartir formación sobre ciberseguridade

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explica que a xornada se celebrará o 26 de xaneiro desenvolverase en dúas sesións.

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo organiza unha xornada formativa sobre ciberseguridade, que será impartida por membros da Garda Civil da Comandancia de Lugo. O acto terá lugar o 26 de xaneiro no salón de actos da antiga casa sindical.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explica que “a xornada desenvolverase en dúas sesións. A primeira será ás seis da tarde e estará dirixida e aberta a toda a cidadanía. Na mesma abordaranse os principais ciberataques que sofre ou pode sufrir a poboación en xeral e como evitalos. E xa ás oito a charla terá como destinatario a todo o empresariado. Neste caso a Garda Civil falará dos principais ciberataques empresariais e tamén darán consellos para poder previlos e así evitalos”. Para a organización desta actividade Acisa conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e da Garda Civil.

O xerente, Jesús Pérez, sinala que “nos parece moi interesante impartir esta formación tanto a cidadáns como a empresas, xa que os ciberataques son cada vez máis habituais. Sabemos que hai preocupación e por iso quixemos poñer en marcha esta xornada”. Cruzado Iglesias agradece “a colaboración da Subdelegación do Goberno en Lugo e do cuartel da Garda Civil de Ribadeo para poder levar adiante esta actividade”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...