InicioOrientalRibadeoUnha delegación formada por representantes do Concello e ACISA Ribadeo estará en...

Unha delegación formada por representantes do Concello e ACISA Ribadeo estará en Fitur 2023

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, apunta que “desde o Concello trabállase para fidelizar ás persoas que veñen visitarnos, para atraer novos segmentos e favorecer a desestacionalización”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello de Ribadeo, xunto con Acisa, asisten a Fitur 2023 co obxectivo de participar en reunións de traballo con diversos operadores e axencias turísticas, na procura de dar a coñecer os proxectos do Concello no ámbito do turismo, establecer acordos e puntos de colaboración con intermediarios, prescriptores e outros destinos, así como favorecer a difusión de Ribadeo como un destino de calidade visitable durante todo o ano.

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, apunta que “desde o Concello trabállase para fidelizar ás persoas que veñen visitarnos, para atraer novos segmentos demanda e para favorecer a desestacionalización”.

Deste xeito, a delegación conformada polo alcalde, Fernando Suárez Barcia, o concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso Galdo; a concelleira de Cultura, Pilar Otero Cabarcos e o xerente de Acisa Ribadeo, Jesús Pérez Prada, asiste dende o 18 ao 20 de xaneiro ás reunións programadas e establecerá contacto con diversos axentes turísticos e entidades relacionadas coa promoción do turismo.

O xerente de Acisa tamén indicou: “a presenza de Acisa nesta importante feira turística é moi relevante, nela vaise promocionar Ribadeo como destino turístico, e polo tanto o noso sector empresarial pode verse beneficiado da nosa labor estes días, tanto o sector hostaleiro e hoteleiro como o comercial. O turismo é un dos motores económicos da nosa vila. Por iso debemos seguir traballando na promoción de todo aquilo que Ribadeo pode ofrecer, así como en aumentar e mellorar tanto a nosa oferta turística como os servizos turísticos ofertados polas nosas empresas. A implicación do sector é un pilar fundamental na nosa promoción como destino turístico”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...