InicioOrientalRibadeo'Mareas Vivas nas Catedrais', proxecto de Ribadeo en Fitur para desestacionalizar o...

‘Mareas Vivas nas Catedrais’, proxecto de Ribadeo en Fitur para desestacionalizar o turismo no concello

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, contou que “hoxe desenvolvemos en Fitur unha intensa axenda de traballo, de entrevistas e de contactos con empresas especializadas"

Publicada o

- Advertisement -

A delegación ribadense desprazada a Fitur mantén unha intensa axenda reuníndose con axencias de viaxes e turoperadores que traballan no ámbito internacional co obxectivo de avanzar na desestacionalización do turismo baseándose nos recursos naturais, históricos e culturais.

O concelleiro de Turismo, Pablo Vizoso, contou que “hoxe desenvolvemos en Fitur unha intensa axenda de traballo, de entrevistas e de contactos con empresas especializadas, como axencias de viaxes, turoperadores ou receptivos que traballan habitualmente con visitantes e con grupos de ámbito internacional, co obxectivo de avanzar na desestacionalización e no turismo de calidade, para aportar principalmente un maior valor ao noso sector turístico”.

O edil ribadense subliñou que “tamén estamos observando o elevado interese que estes profesionais amosan polo produto turístico que lanzamos nestes días, que denominamos Mareas vivas nas Catedrais e que vai permitir a quen nos visita gozar desta praia, que funciona como o noso emblema internacionalmente, dunha maneira diferente, máis sosegada, e rematar no casco urbano de Ribadeo para disfrutar de todos os seus encantos, dos seus establecementos e da súa hostalería”.

En Fitur atópanse o alcalde, Fernando Suárez, os concelleiros de Turismo e de Cultura, Pablo Vizoso e Pilar Otero, a técnica de Turismo, Begoña García, e o xerente de Acisa, Jesús Pérez.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...