Os gañadores da Campaña Obxectivo 400 de ACISA e Ribadeo F.C. poden recoller os premios até o 31 de xaneiro

Desde Acisa lembran que “esta campaña, é unha colaboración entre o Ribadeo FC e Acisa para axudar ao equipo local a aumentar o seu número de socios".


Xa se coñecen os gañadores da campaña obxectivo 400 organizada por Acisa e o Ribadeo FC entre os socios deste club. O sorteo tivo lugar nas oficinas da asociación esta mesma mañá e, tal e como se anunciou, foi emitido a través das redes sociais da asociación. Os afortunados teñen até este venres, 31 de xaneiro, para reclamar e recoller os seus premios.

Desde Acisa lembran que “esta campaña, é unha colaboración entre o Ribadeo FC e Acisa para axudar ao equipo local a aumentar o seu número de socios, coa colaboración da nosa asociación que achega 500 euros en vales de compra para sortear en 5 premios de 100 euros cada un. O sorteo realízase entre os de socios do club ribadense, segundo o censo pechado o 22 de xaneiro”.

Os afortunados no sorteo da campaña obxectivo 400, cun premio de 100 euros cada un deles, son os seguintes: José Luis Martínez Fernández, Santiago Fernández–Reinante Pérez, Manuel Jesús García Fernández, Pablo Posada e Ángel Expósito.

O vídeo do sorteo pódese ver na páxina de facebook de Acisa Ribadeo. Desde Acisa Ribadeo tamén lembran que se segue buscando ao posuidor do número non presencial que resultou afortunado no sorteo da XII Festa do Comercio. Trátase do 90.316. O prazo para ser reclamado devandito premio termina este venres, 27 de xaneiro.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here