InicioOrientalRibadeoRibadeo ampliará o espazo cuberto no Campo da Vía para actividades complementarias...

Ribadeo ampliará o espazo cuberto no Campo da Vía para actividades complementarias do Club de Atletismo

O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, "servirá de apoio tanto nos días crus de inverno como nos días de verán ou máis levadeiros durante todo o ano”.

Publicada o

- Advertisement -

O Concello instalará un novo espazo cuberto no Campo da Vía destinado ás actividades complementarias do Club de Atletismo local. O concelleiro de Deportes, Jorge Díaz, asegurou que se atende así unha demanda dos deportistas que adestran nesa zona.

O edil ribadense explicou que “imos dar cobertura a unha necesidade no ámbito do atletismo porque o club de Ribadeo fai os seus adestramentos e as súas labores de preparación no Campo da Vía, onde se practican tamén outros deportes, como o fútbol”.

Díaz Freije subliñou que “se trata dun novo espazo cuberto para reforzar e mellorar a práctica do atletismo, co que damos unha cobertura a unha necesidade básica pois así poderán exercitarse en temas específicos vinculados co atletismo, complementando e mellorando as actividades de ximnasio. Servirá de apoio tanto nos días crus de inverno como nos días de verán ou máis levadeiros durante todo o ano”.

O concelleiro de Deportes contou que “será unha estrutura metálica de 6 metros de longo por 6 metros de ancho por 3 metros de alto, que ten un custe de 12.000 euros”. Jorge Díaz engadei: “pretendemos que nas vindeiras semanas estea xa posto para que o antes posible poida satisfacer as necesidades neste caso do club de atletismo de Ribadeo”. Ata o Campo da Vía se desprazaron representantes do Club de Atletismo ribadense ademais dos concelleiros de Economía, Obras e Deportes, Pablo Vizoso, Mónica Freire e Jorge Díaz.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...