InicioOrientalRibadeoRibadeo pide medidas á Consellería de Medio Ambiente ante os ataques de...

Ribadeo pide medidas á Consellería de Medio Ambiente ante os ataques de lobos en Remourelle e Noceda

O rexedor, Fernando Suárez, pide unha xuntanza de persoal técnico dese departamento coas veciñas e cos veciños de Ribadeo afectados para que saiban como actuar ante estes feitos. 

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde, Fernando Suárez, ven de dirixirlle un escrito á Consellería de Medio Ambiente para amosarlle a preocupación da veciñanza de Remourelle e de Noceda, onde nas últimas semanas se produciron ataques de lobos. O rexedor pide unha xuntanza de persoal técnico dese departamento coas veciñas e cos veciños de Ribadeo afectados para que saiban como actuar ante estes feitos.

Suárez Barcia contou que “quixemos dar traslado á Consellería de Medio Ambiente da preocupación que temos no concello por mor destes recentes ataques de lobos no noso territorio. En concreto gandeiros dos núcleos de Remourelle e de Noceda comunícannos que nestas dúas últimas semanas viron como animais das súas explotacións eran matados polo lobo”.

O alcalde dixo que “esta problemática non é habitual no noso entorno, o que provoca un desconcerto e unha impotencia entre os veciños e veciñas ao non saber como actuar para evitar os danos que se están a dar no seu gando. Polo tanto pedímoslle á Xunta que, dentro das súas competencias na materia, persoal técnico do seu servizo acuda a unha reunión na que se poida informar á xente de Ribadeo, aos afectados e ás afectadas por esta situación, acerca de cómo deben actuar diante destes feitos, así como tamén resolver as dúbidas que poidan xurdir”.

O rexedor indicou que “tamén sabemos que o veciño concello de Barreiros ten unha problemática similar nestes últimos tempos, polo cal ese encontro público que lles estamos pedindo aos responsables da Xunta podería ser conxunto, para ambos os dous concellos, se así o consideran máis axeitado”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...