InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo impartiu unha palestra sobre a ciberseguridade con axentes da Garda...

ACISA Ribadeo impartiu unha palestra sobre a ciberseguridade con axentes da Garda Civil

A antiga casa sindical de Ribadeo acolleu na tarde do pasado xoves dúas charlas, a primeira dirixida ao público xeral e a segunda ao empresariado local.

Publicada o

Cada vez son máis frecuentes os delitos cometidos a través de internet. De ciberseguridade e ciberataques falaron este xoves pasado en Ribadeo membros do Equipo de Investigación Tecnolóxica da Comandancia da Garda Civil de Lugo. As charlas foron organizadas por Acisa coa súa colaboración e a do Concello de Ribadeo.
Entre os datos postos encima da mesa varios: en 2017 denunciáronse en España máis de 110.000 casos de delitos cometidos a través de internet e en 2021 máis de 300.000. Galicia ocupa o quinto lugar de España en número de denuncias presentadas. As estafas creceron un 455%.
Que entendemos por Ciberseguridade? Evitar o roubo de calquera tipo de información que teñamos nos nosos dispositivos electrónicos. O fin da maioría dos delitos cometidos a través de internet e que afectan a particulares e empresas é a obtención rápida e fácil de diñeiro. Desde o Equipo de Investigación Tecnolóxica puxeron de manifesto que a seguridade total na internet non existe e que hai consellos e boas prácticas, relativas aos contrasinais, ao emprego de bos antivirus ou a contar, por exemplo, cunha tarxeta prepago para facer compras a través de internet.
As prácticas máis comúns a través de internet son estafas en compras de viaxes, estafas de produtos que nunca chegan ao seu destino, estafas en investimentos, servizos técnicos falsos, cartas nixerianas, subscricións, ofertas de emprego, romance scam-sexting e phising. A antiga casa sindical de Ribadeo acolleu na tarde do pasado xoves dúas charlas, a primeira dirixida ao público xeral e a segunda ao empresariado local.
O Equipo de Investigación Tecnolóxica contou que 64% das empresas do planeta sufriron algún tipo de ciberataque. Ningunha empresa está libre de sufrir ataques por contrasinais, ataques por enxeñería social, phising, vishing e smishing, ataques ás conexións, por malware, ataques BEC. Se un empresario pensa que foi vítima delas o primeiro que debe facer é illar o seu computador desenchufándoo da rede e poñer inmediatamente o caso en mans da Garda Civil.
Entre as recomendacións para as grandes empresas: dividir os traballos e os correos por roles e que cada empregado teña o seu propio usuario e contrasinal. Entre outras medidas, recoméndase evitar o uso de dispositivos usb descoñecidos porque poden estar infectados. Cruzado Iglesias subliñou: “a conclusión que extraemos de todo isto é que canto máis compremos nas tendas físicas, nas de Ribadeo neste caso, moito mellor. Menos posibilidades teremos de caer nestas trampas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...