IniciosociedadeO Ribadeo FC xa ten viño oficial

O Ribadeo FC xa ten viño oficial

A entidade deportiva, Discosta Norte e Acisa colaboran na posta á venta de 3.000 botellas de rioja, albariño e vermú, cun donativo ao club de 50 céntimos por cada unha

Publicada o

- Advertisement -

O Ribadeo FC e maila Acisa presentaron este xoves o viño oficial do club de fútbol ribadense. A entidade deportiva e o colectivo de comerciantes poñerán á venda 3.000 botellas de albariño e rioxa colleiteiros e vermú.

Trátase dun xeito novidoso de apoiar ao equipo do Pepe Barrera, que levará 50 céntimos por cada botella vendida. O produto ofrecerase en caixas de seis e o pack de tres envases -con seis unidades de cada unha das tres bebidas- custará 60 euros.

A hostalería tamén ofrecerá os viños e o vermú do Ribadeo FC. Os negocios poderán adquirir a tres euros a botella do albariño colleiteiro, 2,5 euros o rioja colleiteiro e a 4,5 o vermú, todos con IVE incluído.

O xerente de Discosta Norte, José Antonio Veiga, sinalou na presentación que “é a primeira vez que a nosa bodega envasa vermú” e subliñou que “colaborar co deporte do pobo é un compromiso que temos en San Damián“.

“Imos poñer as bebidas á venta nos máximos locais posibles e tamén facer caixas bonitas, deseñadas por Carlos, que valen como regalo”, precisou Veiga.

Na presentación estiveron José Antonio Veiga, xerente de Discosta Norte; Ana Vázquez, presidenta do club ribadense; Jesús Pérez, xerente de Acisa, e Ramón Loredo, membro da directiva do colectivo empresarial ribadense.

A presidenta do Ribadeo FC, Ana Vázquez, indicou que “pretendemos innovar un pouco, intentar sacar algo diferente, saírnos do que é habitual para sacar fondos como rifas e demais”.

Pola súa banda, o xerente de Acisa, Jesús Pérez, asegurou que o colectivo de comerciantes púxose a disposición de Ribadeo FC e San Damián “para vender o viño na hostalería asociada, o que será un incentivo máis para axudar ao club”. Tamén participou na presentación Ramón Loredo, membro da asociación de empresarios ribadense.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...