Entregados os premios da campaña Objetivo 400 organizada por ACISA e o Ribadeo FC

O sorteo foi realizado o pasado 23 de xaneiro entre os socios do club de fútbol local.


Nas instalacións da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos foron entregados os premios aos gañadores da campaña Obxectivo 400, organizada por Acisa e o Ribadeo FC.

O sorteo foi realizado o pasado 23 de xaneiro entre os socios do club de fútbol local. Os afortunados tiveron ata o pasado 31 de xaneiro para recoller os seus premios: 100 euros en vales de comprar para consumir nos negocios asociados a Acisa.

Os afortunados no sorteo da campaña obxectivo 400, cun premio de 100 euros cada un deles, foron: José Luis Martínez Fernández, Santiago Fernández–Reinante Pérez (no seu nome recolleu o premio o seu sobriño, Ramón Fernández-Reinante), Pablo Pousada e Anxo Expósito.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here