Concentración este mércores en Ribadeo na praza do 8 de Marzo en repulsa contra o último asasinato machista en Galicia

A concelleira Mónica Freire, "queremos transmitir a nosa solidariedade coa súa familia e contorna. A violencia que se exerce contra as mulleres supón unha grave violación dos dereitos humanos".

Consistorio de Ribadeo. AXM

Mónica Freire Rancaño, concelleira de Igualdade, manifesta que “o Concello de Ribadeo mostra a súa máis firme condena e repulsa ante o asasinato machista de Beatriz Lijó en Baiona. Queremos transmitir así mesmo a nosa solidariedade coa súa familia e contorna. A violencia que se exerce contra as mulleres supón unha grave e intolerable violación dos dereitos humanos”.

A edil ribadense engade que “esta traxedia enfróntanos á responsabilidade que temos desde as institucións, as administracións públicas e o conxunto da sociedade en facer efectiva a igualdade utilizando todas as ferramentas que sexan necesarias para erradicar a violencia machista”.

Freire sinala que “mañá ás 20:00 horas na Praza 8 de Marzo de Ribadeo, dende a Área de Igualdade do Concello de Ribadeo, sumámonos á concentración organizada polo Observatorio da Mariña pola Igualdade en resposta ao asasinato machista de Beatríz Lijó”.

RESPOSTAR

Please enter your comment!
Please enter your name here