InicioEconomíaActuación da Tuna de Veteranos de Santiago en Ribadeo dentro das actividades...

Actuación da Tuna de Veteranos de Santiago en Ribadeo dentro das actividades de ACISA polo día de San Valentín

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “quixemos darlle unha volta ao Día dos Namorados en Ribadeo con esta actividade, contando coa tuna de veteranos de Santiago".

Publicada o

- Advertisement -

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA) de Ribadeo inclúe unha nova actividade dentro da súa campaña de San Valentín para animar á veciñanza da zona a celebrar o Día dos Namorados na vila ribadense. Trátase dunha actuación da tuna de veteranos de Compostela (a Tuna do Camiño de Santiago), que percorrerá as rúas de Ribadeo onde hai establecementos hostaleiros asociados a ACISA este venres, 10 de febreiro, de 20:30 a 22:30 horas.

Para esta actividade ACISA Ribadeo conta coa colaboración da Xunta de Galicia. O xerente do colectivo empresarial ribadense, Jesús Pérez, comentou que “o que pretendemos é animar á veciñanza de Ribadeo e de toda a contorna a achegarse á nosa vila a celebrar o San Valentín, unha data que neste 2023 cae entre semana, de aí que pensaramos na posibilidade de poñer unha nota musical na noite deste vindeiro venres”.

Pérez Prada dixo que “ademais de deleitarnos co seu repertorio a Tuna do Camiño de Santiago tamén repartirá caraveis entre as namoradas e os namorados que atope no seu percorrido entre as oito e media da tarde e as dez e media da noite. Desde ACISA agradecémoslle á Xunta de Galicia a súa colaboración para poder contar con esta actuación en Ribadeo este venres, 10 de febreiro”.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, subliñou que “quixemos darlle unha volta ao Día dos Namorados en Ribadeo con esta actividade, contando coa presenza desta tuna de veteranos de Santiago de Compostela, que se une á campaña que xa iniciamos o pasado venres, día 3, e que se prolongará ata o 13 de febreiro no comercio de Ribadeo. Hai 8.000 papeletas que se están a distribuír estes días entre todas as persoas que fagan as súas compras nos negocios locais, entre as que se van sortear 11 ceas para dúas persoas cada unha e unha estancia de dúas noites nun aloxamento a escoller entre máis de 1.500 destinos. O sorteo será o 14 de febreiro nas instalacións de ACISA Ribadeo”.

As ceas serán nos restaurantes Galipizza, A Horta de San Roque, Don Buchi, La Solana, La Quinta, Javier Montero, El Rincón del Gordo, O Indiano, Queimada, San Miguel e Galicia. E a estancia de dúas noites nun aloxamento é unha colaboración de Viaxes Eroski. “A todos eles lles queremos agradecerlles a súa xentileza para poder desenvolver esta campaña de San Valentín”, engadiu Cruzado Iglesias.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...