Este San Valentín a Área de Igualdade do Concello de Ribadeo quere reivindicar, como o resto do ano, a importancia do amor por nós mesmas, máis aló dos estereótipos ou as opinións dos demais.
Monica Freire, concelleira de Igualdade, manifesta que “con esta campaña tratamos de facer fincapé en que dar amor enriquécenos, pero quererse é esencial para o desenvolvemento da nosa autoestima, para darnos o valor que nos corresponde e establecer límites. Baixo o lema En San Valentin, Quérete tentamos transmitir que as mulleres debemos priorizarnos e escoitarnos para descifrar cales son as nosas propias necesidades”.
A edil ribadense engade que “esta iniciativa busca fomentar relacións sas e igualitarias e concienciar sobre os mitos do amor romántico que esconden tópicos como o da media laranxa ou o da omnipotencia. O primeiro paso para crear unha relación consciente é amarse a unha mesma”.
Freire Rancaño sinala que “regalar o 14 de febreiro está ben sempre que vaia acompañado de actitudes e comportamentos pola igualdade. As mulleres teñen que ser libres para poder ser elas mesmas e gozar plenamente da vida sen esperar a que o amor romántico chame á súa porta”.