InicioOrientalRibadeoMarta Rey e Víctor López serán o número un e número dous...

Marta Rey e Víctor López serán o número un e número dous da candidatura do PSOE en Ribadeo

Esta é a primeira novidade da lista do PSdeG-PSOE de Ribadeo e nas vindeiras semanas iranse dando a coñecer ó resto de persoas que integrarán a candidatura.

Publicada o

- Advertisement -

O coñecido ribadense Víctor López ocupará o número 2 da candidatura do PSdeG-PSOE de Ribadeo, que encabezará Marta Rey, para as eleccións municipais que se celebrarán o 28 de maio. Así se decidiu nunha xuntanza dos socialistas ribadenses celebrada na tarde noite de onte.

Víctor López, que naceu na vila ribadense hai 54 anos, é traballador do Rexistro da Propiedade en Ribadeo e foi presidente do Ribadeo Fútbol Club, entre outras responsabilidades en diferentes colectivos. Leva sendo militante do Partido Socialista desde hai máis de 20 anos.

Esta é a primeira novidade da lista do PSdeG-PSOE de Ribadeo e nas vindeiras semanas iranse dando a coñecer ó resto de persoas que integrarán a candidatura dos socialistas ribadenses, que manifestan: “non imos ser a comparsa de ninguén. Saímos a por todas, a gañar. Basta xa de enfrontamentos políticos que pouco ou nada benefician á veciñanza de Ribadeo”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...