InicioOrientalRibadeoAPAGA Ribadeo segue coa actividade formativa cun curso de soldadura TIG

APAGA Ribadeo segue coa actividade formativa cun curso de soldadura TIG

Publicada o

- Advertisement -

Segue a actividade formativa da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia en Ribadeo coa celebración a pasada fin de semana dun curso sobre soldadura TIG.

O presidente de Apaga, Álvaro Doural, subliñou que “estamos tratando de organizar as actividades formativas que nos demandan as empresas do sector. Nesta pasada fin de semana contamos con alumnado estranxeiro, que está a buscar emprego. Un dos nosos obxectivos ata o 2027 vai ser a inclusión e así axudaremos a conseguir a inserción laboral de diferentes colectivos”.

Preto dunha decena de alumnos asistiron o sábado e o domingo nas instalacións de Apaga en Ribadeo a este curso sobre soldadura tig.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...