InicioOrientalRibadeoACISA Ribadeo sorteou once ceas e unha estancia de dúas noites para...

ACISA Ribadeo sorteou once ceas e unha estancia de dúas noites para unha parella na Campaña de San Valentín

O vindeiro luns, 20 de febreiro, ás cinco da tarde terá lugar a entrega de premios ás afortunadas e afortunados nas instalacións de Acisa Ribadeo.

Publicada o

- Advertisement -

Acisa Ribadeo sorteou esta mañá 11 ceas para dúas persoas e unha estancia de 2 noites para unha parella dentro da súa campaña de San Valentín 2023. Os premios serán entregados o vindeiro luns, 20 de febreiro.

-A cea para 2 persoas en Galipizza recaeu na papeleta número 4.502 que foi entregada en Farmacia Álvarez Lebredo.

-A cea para 2 persoas na Horta de San Roque recaeu no número 3.619 entregado na Moda Sport.

-A cea para 2 persoas en Don Bucchi recaeu na papeleta número 4.783 entregada en Vos Irmandiños.

-A cea para 2 persoas en La Solana recaeu no número 1.769 entregado tamén en Vos Irmandiños.

-A cea para 2 persoas na Quinta recaeu na papeleta numero 3.216 entregada en Grissi.

-A cea para 2 persoas en hotel restaurante Javier Montero recaeu na papeleta número 5.992 que foi entregada en Gasolineira O Xardín.

-A cea para 2 persoas no Recuncho do Gordo, recaeu na papeleta número 5.486 entregada en Jatay.

-A cea para 2 persoas no Indiano recaeu no número 4.282 entregado na Galletería.

-A cea para 2 persoas no Queimada recaeu na papeleta numero 359 que foi entregada en Gasolineira Valcarce.

-A cea para 2 persoas no restaurante San Miguel recaeu na papeleta número 3.562 que foi entregada en Adele.

-A cea para 2 persoas en Bar Galicia recaeu na papeleta número 698 entregada en Ola Onda.

-E a estancia de 2 noites para 2 persoas a elixir entre 1.500 destinos foi para a papeleta número 4.720 entregada en Óptica Duovisión.

O vindeiro luns, 20 de febreiro, ás cinco da tarde terá lugar a entrega de premios ás afortunadas e afortunados nas instalacións de Acisa Ribadeo. “Se algunha persoa non pode asistir a ese acto, que saiba que pode pasarse pola oficina de Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos ata o 24 de febreiro para recoller o seu agasallo”.

O sorteo de San Valentín de Acisa Ribadeo tivo lugar esta mañá nas súas instalacións, foi gravado en vídeo e pódese ver xa nas súas redes sociais. Desde a asociación ribadense agradecen “aos 11 restaurantes a súa colaboración para levar a cabo este importante sorteo de ceas dentro da nosa campaña de San Valentín e tamén a Viaxes Eroski, grazas ao que unha parella gozará dunha estancia de dúas noites a elixir en 1.500 destinos”.

E engaden que “a campaña de San Valentín 2023, que deu comezo o pasado venres coa actuación da Tuna do Camiño, culminará o vindeiro sábado co sorteo de 45 botellas de viño magnum Azpilicueta crianza”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...