InicioOrientalRibadeoO pregón de Carlos Blanco dará saída ao Entroido 2023 de Ribadeo...

O pregón de Carlos Blanco dará saída ao Entroido 2023 de Ribadeo este 17 de febreiro

Desde o Concello e desde Acisa animan “á veciñanza a gozar da programación deseñada, que se desenvolverá desde o 17 ata o 25, día no que se celebrará a Queima".

Publicada o

- Advertisement -

Co pregón que pronunciará o coñecido actor Carlos Blanco arrincará este venres, día 17, o Entroido 2023 en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa. Para acceder ao Teatro será preciso retirar entrada de balde desde unha hora antes do seu inicio.

O pregón desenvolverase no Teatro a partires das 19:30 horas. A concelleira de Cultura, Pilar Otero, subliñou que “será preciso retirar entrada, 1 por persoa, para asistir a este acto. Será de balde, pero queremos controlar así o aforo do Teatro. Imos abrir as portas para a retirada das entradas e para acceder ao seu interior ás 18:30 horas. E pecharemos as portas ás 19:25 horas. A asistencia estará limitada á capacidade do Teatro”.

A edil ribadense dixo que “queremos deste xeito que o acceso ao pregón resulte o mais ordenado posible. A capacidade das butacas é a que é. E unha vez que o Teatro estea cheo non se permitirá o acceso de mais persoas”.

Pilar Otero manifestou que “Carlos Blanco fará doblete o venres en Ribadeo. Será o pregoeiro do noso Entroido. E despois ofrecerá no auditorio municipal Hernán Naval o seu monólogo a partires das 21:00 horas. Neste caso o prezo da entrada xeral será de 10 euros e para persoas desempregadas, estudantes e xubiladas haberá prezo reducido, que será de 5 euros. A venda de entradas realízase ata o xoves de 9 a 14 horas no oficina da Área de Cultura (rúa Viejo Pancho, 12). Gardarase unha cantidade para vender o propio día da función, media hora antes do seu inicio”.

Desde o Concello e desde Acisa animan “á veciñanza a gozar da programación deseñada, que se desenvolverá desde o 17 ata o 25, día no que se celebrará a Queima. Polo medio haberá actividades para a xente miúda, a saída do cocho, a festa temática das superheroínas e do superheroes, as mascaritas, sorteos de agasallos e o desfile o día 21. Toca sacar os disfraces, deixar a un lado a rutina diaria e disporse a pasalo moi ben en Ribadeo”, comentou Carmen Cruzado, presidenta do colectivo empresarial.

A organización do Entroido anuncia que “haberá tamén filloas este ano os días 24 e 25 de febreiro. Pero xa iremos dando mais datos a medida que se acheguen esas xornadas”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...