InicioOrientalRibadeoRibadeo outorgará a licenza de obra para soterrar a liña de media...

Ribadeo outorgará a licenza de obra para soterrar a liña de media tensión na estrada do Faro

O alcalde, Fernando Suárez, indicou que “a partir de mañá, coa licenza de obra outorgada, poderán empezar as obras. E isto desde logo, a pesar da tardanza, é unha boa noticia”.

Publicada o

- Advertisement -

O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, anunciou hoxe que na xunta de goberno extraordinario desta tarde será outorgada licenza de obra para o soterrado da liña de media tensión na estrada do Faro. Iso suporá a eliminación dos postes, entre eles, o que está invadindo o carril bici.

O rexedor explicou que “na xunta de goberno extraordinaria desta tarde, outorgaremos a licenza de obra para o soterrado da liña de media tensión na estrada do Faro, polo que por fin se poderán desmontar uns 500 metros de tendido aéreo e os postes que o sustentan, entre eles, o que está invadindo parcialmente o carril bici recentemente construído”.

Suárez Barcia dixo que “nós eramos os primeiros molestos por esta situación creada, por ir as nosas obras de construción do carril bici máis avanzadas que a retirada desa liña eléctrica que nada tiña que ver co noso proxecto e que leva alí varios decenios”.

O alcalde subliñou: “pero o Concello de Ribadeo, igual que a compañía eléctrica neste caso, tivo que someterse a unha chea de autorizacións sectoriais preceptivas. Teño que dicir que a empresa eléctrica sempre tivo bo ánimo e disposición, pero tivo que enfrontarse a unha chea de atrancos administrativos. Desde que nós lles plantexamos o noso proxecto e lles pedimos que retirasen o poste a finais de 2021, aceptárono de bo grao e puxéronse a tramitalo. Pero o certo foi que tiveron que superar unha enorme carga burocrática de varios departamentos da Xunta e do Estado”. Fernando Suárez indicou que “a partir de mañá, coa licenza de obra outorgada, poderán empezar as obras. E isto desde logo, a pesar da tardanza, é unha boa noticia”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...