InicioOrientalRibadeoObradoiros sobre poda de froiteiras dentro do plan de formación do Concello...

Obradoiros sobre poda de froiteiras dentro do plan de formación do Concello de Ribadeo

Na Escola de Vilaframil será impartido o 18 de marzo un curso sobre primeiros auxilios. Será de 10 a 14 horas.

Publicada o

- Advertisement -

O Plan de Formación Rural do Concello de Ribadeo segue esta fin de semana cun obradoiro de poda de froiteiras que se desenvolve na Escola de Remourelle en horario de mañá e de tarde. Neste curso están a participar 20 persoas. Xunta a elas estiveron esta mañá os concelleiros de Economía e Igualdade, Pablo Vizoso e Mónica Freire.

O Plan de Formación Rural, que daba comezo a pasada fin de semana en Cinxe, seguirá o 4 de marzo na Escola de Couxela cun curso sobre mantemento de motoserras de 10 a 14 horas. O 11 de marzo de 10 a 14 horas e de 16 a 19 horas a Escola de Vilaselán acollerá  un obradoiro sobre elaboración de pan

Na Escola de Vilaframil será impartido o 18 de marzo un curso sobre primeiros auxilios. Será de 10 a 14 horas. E o 25 de marzo desenvolverase un curso de inserto de froiteiras na Escola de Cedofeita en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 15 a 18 horas. 

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...