A Comparsa do Cocho acompañada polo cuarteto tradicional Illa Pancha e polas charangas locais A Choca e Aturuxo percorreron esta mañá as rúas de Ribadeo desde as doce ata preto das dúas da tarde.
O Domingo do Cocho rematou cunha concentración de mariscas no Cantón e co sorteo de dous agasallos: unha noite no Parador de Monforte e unha cea para dúas persoas no restaurante gastronómico Javier Montero. Todas e todos os que acudiron disfrazadas ao Cantón esta mañá puideron facerse de xeito gratuíto coas rifas para participar no devandito sorteo.
Ás cinco da tarde terá lugar na discoteca Rosalar o baile infantil de disfraces, que contará coa actuación de Paco Nogueiras.