InicioOrientalRibadeoA Festa do Freixó de Ribadeo celebrarase do 24 ao 26 de...

A Festa do Freixó de Ribadeo celebrarase do 24 ao 26 de febreiro no Teatro da vila

O recadado irá destinado á organización da excursión de fin de curso do alumnado de 4º da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

Publicada o

- Advertisement -

. O Teatro acollerá a Festa do Freixó do 24 ao 26 de febreiro. O recadado irá destinado á organización da excursión de fin de curso do alumnado de 4º da ESO do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo.

A concelleira de Cultura, Pilar Otero, explicou que “aínda nos quedan un par de citas dentro da programación do Entroido de Ribadeo 2023. Unha delas é a Festa do Freixó. Pareceunos, aos organizadores, que deberíamos apostar dalgún xeito por manter esta tradición e unha boa maneira pode ser esta, axudando a algún colectivo como é o caso do grupo de pais e nais do IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, que están a traballar na organización da viaxe de fin de curso do alumnado de 4º da ESO”.

A Festa do Freixó terá lugar o venres, día 24, de 18 a 22 horas. O sábado o horario será de 11 a 14 horas pola mañá e de 18:00 a 00:00 pola tarde noite. E xa o domingo será de 11 a 14 horas.

A edil ribadense dixo: “animamos a ribadenses e visitantes a saborear os freixós en Ribadeo durante toda a fin de semana”.

Desde Acisa a súa presidenta, Carmen Cruzado, indicou que “a outra grande cita pendente do Entroido ribadense é a Queima, prevista para o vindeiro sábado, 25 de febreiro, na avenida Rosalía de Castro. Agardamos que o tempo acompañe e que poidamos despedir o Entroido como se merece”. A comitiva fúnebre sairá das inmediacións da Casa do Concello ás nove da noite acompañada das viúvas e viúvos e das charangas locais Aturuxo e A Choca. A Queima desenvolverase no medio de fogos artificiais e cunha monumental traca como peche de festa.

Concello e Acisa fan un balance positivo do desfile que tivo lugar na tarde-noite do pasado martes: “queremos dar as grazas a todas e a todos os participantes, que encheron de cor, de música e de bo humor as rúas de Ribadeo durante toda a tarde. Grazas a todos os voluntarios polo traballo realizado e tamén a todos os colaboradores, entre os que se atopan persoas anónimas e tamén empresas, que doaron premios para contribuír a darlle realce ao Entroido ribadense”.

En engadiron: “e grazas tamén ao persoal do Concello e de Acisa, que levan semanas de intenso traballo para que tradicións coma esta non se perdan. Hai que lembrar que tivemos que facernos cargo da organización do Carnaval en Ribadeo, porque non había comisión algunha disposta a facelo. Sería fantástico que un grupo de veciñas e de veciños de Ribadeo amantes desta festa deran un paso adiante e dixesen, aquí estamos dispostas e dispostos a organizar o Entroido 2024”.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...