InicioOrientalRibadeoRibadeo puxo punto final ao seu Entroido esta pasada fin de semana

Ribadeo puxo punto final ao seu Entroido esta pasada fin de semana

Centos de persoas seguiron na avenida Rosalía de Castro a Queima dun boneco de 10 metros de alto, que este ano representaba ao Covid19, para dicirlle deste xeito adeus á pandemia.

Publicada o

- Advertisement -

Coa tradicional Queima rematou onte á noite o Entroido 2023 en Ribadeo. Centos de persoas seguiron na avenida Rosalía de Castro a Queima dun boneco de 10 metros de alto, que este ano representaba ao Covid19, para dicirlle deste xeito adeus á pandemia.

A comitiva fúnebre, viúvas e viúvos, saíu do Cantón para percorrer as principais rúas da vila, polas que tamén desfilaron as charangas Aturuxo e A Choca. A Queima, que chegou á súa 42 edición, comezou cunha espectacular sesión de fogos artificiais e rematou co prendido do boneco, que representaba o Covid19.

A organización do Entroido 2023, Concello de Ribadeo e Acisa, agradecen a participación da veciñanza nas actividades programadas desde o 17 ao 25 de febreiro e a colaboración de todas as persoas e empresas que co seu traballo e a súa axuda contribuíron a que Ribadeo gozase un ano máis do Carnaval.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...