InicioOrientalRibadeoAprobada en Ribadeo a licitación da xestión do Ciclo Integral da Auga

Aprobada en Ribadeo a licitación da xestión do Ciclo Integral da Auga

O futuro contrato aborda as novas esixencias de Lei 1/2022 do Ciclo Integral da auga recollendo a necesidade de minimizar as perdas e realizando un maior control sobre a auga que se pon a disposición dos usuarios.

Publicada o

- Advertisement -

O Pleno do Concello de Ribadeo aproba os pregos para licitar a xestión do Ciclo Integral da Auga en Ribadeo. Autorizou os pregos para a licitación do contrato do ciclo integral da auga por un prazo de 20 anos.

A preocupación municipal polo ciclo integral da auga inclúe a necesidade de ir mais alo na procura da excelencia, en diversas cuestións como, a calidade da auga de consumo,a renovación dasantigas canalizacións de fibrocemento, a separación de augas pluviais e residuais, a redución de perdas e fugas, a dixitalización na recollida de datos de consumo e aforro, a diminución das roturas e a creación de depósitos de auga tratada.

Todas estas accións enmárcanse nunha nova xestión mais racional, responsable e moderna dos recursos hídricos e o respecto á biodiversidade. Neste sentido, son proxectos aliñados cos Obxectivos de desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas (ODS 6, “auga limpa e saneamento”) e coas políticas europeas, concretamente co GreenDeal, un acordo entre todos os Estados Membros para canalizar unha transición verde.

De outra banda o impacto de nova lexislación no sector, como a Lei 1/2022, do ciclo integral da auga, ou a nova lei de auga de consumo RD 3/2023, obrigan o Concello de Ribadeo a unha xestión profesionalmente mais esixente e integral do ciclo da auga. E por elo que, neste novo concurso recóllense aspectos e infraestruturas que melloran e amplían o anterior contrato (de fai 25 anos), coma a extensión do servicio a varias parroquias de Trabada, unha serie de fosas sépticas e bombeos de augas residuais que carecían do axeitado mantemento.

O futuro contrato levará aparellado unha serie de inverstimentos moi necesarias, como o novo deposito de 4.660 m3 de capacidade que permitirá asegurar o subministro de auga, ainda en caso de rotura ou falla da de enerxía eléctrica. O mínimo esforzo investidor deseñado polo concello e que deberá levar a cabo o concesionario e de 3.200.000 € , e a esta cantidade poden engadirse mais inversións dependendo dos licitantes a través das súas propostas

CAMBIOS NORMATIVOS

O futuro contrato aborda as novas esixencias de Lei 1/2022 do Ciclo Integral da auga recollendo a necesidade de minimizar as perdas e realizando un maior control sobre a auga que se pon a disposición dos usuarios. Este maior control das perdas de auga redundará nus plans de eficiencia nas redes de abastecemento que xunto coa medición e sectorización da redes permitirá alcanzar os obxectivos de rendemento que exixe a lei.

O novo concesionario tamén terá a obriga de realizar plans de eficiencia enerxéticas asociados o ciclo integral da auga, así como un plan de redución de entrada de augas brancas que minimice os custes de depuración do Concello, e optimicen o funcionamento da EDAR de Ribadeo.

O futuro contrato do Ciclo Integral da auga de Ribadeo, leva aparellado una serie de inversións obrigatorias para tódolos licitantes que repercuten directamente nas infraestruturas asociadas o devandito ciclo.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...