InicioSucesosUn mozo de Ribadeo, investigado por tentar romper o escaparate dunha tenda...

Un mozo de Ribadeo, investigado por tentar romper o escaparate dunha tenda cunha reixa da rede de sumidoiros

Detido un veciño de Burela pola súa presunta participación nun roubo con violencia o pasado 18 de xaneiro

Publicada o

- Advertisement -

A Garda Civil imputou a un veciño de Ribadeo, de 22 anos, por, supostamente, usar unha reixa da rede de sumidoiros para tentar fracturar o escaparate dun establecemento comercial e así roubar no interior do local. Ao novo, que non tivo éxito na súa acción, atribúeselle ser o suposto autor dun delito de roubo en grao de tentativa.

Segundo o relatado polas autoridades, durante a madrugada do pasado día 23, o mozo arroxaría unha reixa metálica de ferro fundido da rede de sumidoiros urbana ao cristal do escaparate dun establecemento comercial con ánimo de rompelo para acceder ao interior, pero non logrou o seu obxectivo. A Garda Civil confirmou que a persoa investigada xa foi posta a disposición xudicial.

DETIDO POR ROUBO CON VIOLENCIA FAI MÁIS DUN MES

Por outra banda, a Garda Civil de Lugo detivo este luns a un veciño de Burela, de 39 anos, pola súa presunta participación nun roubo con violencia o pasado 18 de xaneiro, no que tres homes asaltaron a un veciño do municipio e roubáronlle o teléfono móbil tras un forcexeo.

Máis dun mes despois da denuncia da vítima, as autoridades detiveron a un do tres supostos participantes neste asalto ocorrido na rúa Suafonte, moi preto do edificio consistorial, ás 21 horas. Na localidade lucense de Vilalba, a Garda Civil imputou en calidade de investigada a unha veciña do municipio, de 46 anos de idade, como suposta autora dun delito de furto.

Os feitos que se lle atribúen ocorreron no domicilio da vítima, na cal a persoa investigada supostamente subtraeu unha serie de moedas e billetes antigos, sen poder determinar a cantidade nin tipo, así como uns 2.000 euros en efectivo. Ademais, os corpos de seguridade están a investigar a denuncia dunha veciña de Meira (Lugo) sobre a súa inquilina por un suposto delito de danos.

A meirense, de 36 anos de idade, denuncia que, a pesar de que lle ten alugada casa pero non o baixo, a persoa investigada supostamente forzou a porta do baixo para acceder a el, o que provocaría diversos danos neste lugar.

ÚLTIMAS

Erika Gomes Mendes: “Fixen un traballo para saber se os caboverdianos coñecían algo de Galicia antes de vir”

-Erika, cando chegaches a Burela desde o teu país? Cheguei a Burela en 2017 e...

‘A Sacabeira’ celebrará o Día de Rosalía o 25 de febreiro en Sargadelos

O vindeiro 25 de febreiro, no Café Bar Cultural A Sacabeira, a ACR Fervenza  de Sargadelos celebra...

Denuncian que o Hospital de Burela queda só cun cardiólogo

A CIG-Saúde da Mariña denuncia que o hospital queda cun só especialista en cardioloxía...

Trabada solicita unha subvención para as cubertas do CEIP Celso Currás

O Concello de Trabada solicitou unha subvención á Xunta de Galicia para a mellora...