- Advertisement -
Un vehículo saíu da vía sobre as 22,30 deste xoves na N-634 á altura da Devesa, en Ribadeo, provocando que o turismo quedase envorcado.
Con todo, o condutor puido saír polos seus propios medios, aínda que ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Barreiros, que finalmente non tiveron que intervir.
Neste caso tamén un particular alertou ao 112 Galicia, que informaron os servizos sanitarios para atender ao ferido no punto.